sábado, 21 de diciembre de 2019

RABADIN AO ESTILO DE YAYOI KUSAMA

Os nenos e nenas da aula de tres anos participan no proxecto da biblioteca do centro a través dun traballo titulado " Rabadín viaxa pola arte contemporanea"
Na primeira actividade para este traballo os nenos e nenas fixeron nun cadro a mascota da biblioteca ao estilo da artista Yayoi Kusama seguindo as súas técnicas ( utilizando patróns acumulativos: redes e círculos para dar sensación de infinito).

Primeiro os nenos e nenas individualmente fixeron as redes con rotuladores.











Pintaron a Rabadín con rotuladores libremente.








Pegaron a Rabadín enriba das redes e con bastoncillos fixeron as escamas ao estilo de yayoi kusama.














Estamparon con tapóns de cortiza para facer as burbullas.








Individualmente coas letras móviles puxeron o nome da mascota.















E... así quedaron os cadros da mascota da biblioteca ao estilo de Yayoi Kusama.








jueves, 19 de diciembre de 2019

QUE FIXO? CADROS DE ANIMAIS

Investigamos que Yayoi Kusama tamen fixo cadros de animais seguindo patróns acumulativos coma os círculos e as redes que dan sensación de infinito.
En gran grupo fixeron o cartel co nome de animais coas letras móviles e posteriormente pegaron no mapa conceptual algunhas fotos dos seus cadros de animais e o cartel do nome que fixeran.


Entre os animais que pintou Yayoi Kusama atópanse os peixes coma Rabadín ( a mascota da nosa biblioteca)

A partir de aquí traballamos mediante o visionado de distintos videos sobre peixes:
- As partes dun peixe ( aletas, escamas, espiñas...etc)
- Que comen.(Vimos que a maioría eran carnívoros)
-Para que serven ( para comer)
- Onde se mercan ( na pescadería)
- Onde viven ( mar, río...etc)
- Con que se pescan ( cana, rede )
- Como son.
- De onde nacen.


miércoles, 18 de diciembre de 2019

LISTAXE DOS FROITOS DO OUTONO

Antes de facer a listaxe na aula de tres anos xogamos a adiviñar cada un dos froitos do outono collendo a fotografía dun deles ao chou sen que a viran. Axudados por min, ian facendo preguntas coma: De que cor é? E grande? E pequeno? E duro?...etc namentras eu contestaba ata que o adiviñaban. 
Para facer a listaxe primeiro en gran grupo e dun en un axudados por todos e todas puxeron o título da mesma coas letras móviles.






















A continuación pegaron o título 









En días posteriores por parellas foron poñendo os nomes dos froitos.













Por último en gran grupo foron facendo a listaxe pegando o nome do froito e a súa foto.