jueves, 23 de mayo de 2019

A PALMA

Os nenos e nenas de catro e cinco anos xogaron a outro xogo medieval chamado " A Palma" que consistía en golpear coa palma da man unha pelota feita con pel de ovella.













miércoles, 22 de mayo de 2019

PARES E NONES

Outro dos xogos mediavais ao que xogamos os nenos e nenas de tres, catro e cinco anos  foi:         
 " Pares e Nones" nas duas versións que atopamos.

A primeira versión xogase en parella cerrando o puño dicindo " pares ou nones"
Cada un dos xogadores poderá sacar:ningún dedo,o dedo indice, o dedo corazón ou o dedo indice e corazón xuntos.
A continuación contanse os dedos e comprobase quen acertou o número.



A segunda versión do xogo realízase en gran grupo seguindo as seguintes regras:
1º Cántase a seguinte canción da cal modificamos a última estrofa para favorecer a inclusión namentras os nenos e as nenas corren.

A pares e nones
imos a xogar
o que quede fora
solo quedará.

A pares e nones
imos a xogar
o que quede fora
o medio se irá.

2º Despois de cantar o profe dirá un número e os nenos e nenas terán que facer un corro dese número. O neno ou a nena que quede sen facer grupo colocarase no medio do corro.
3º Desfanse os grupos e empézase de novo.









 
 

martes, 21 de mayo de 2019

XOGO DA PELOTA

De novo os nenos e nenas de catro e cinco anos xogaron a un xogo medieval chamado: " Xogo da pelota " que consistía en darlle con un bate de madeira a unha pelota que lanza outro xogador.
Coma disfrutaron de este novo xogo!!!




A CHUECA

No ximnasio os nenos e as nenas de catro  e cinco anos xunto coa profe Elena, xogaron a outro xogo medieval: "A CHUECA"que consiste en dous grupos de xogadores, provistos de paos curvos chamados chuecas que golpean unha pelota.
Pasárono xenial!!!


martes, 14 de mayo de 2019

ALQUERQUE

Seguimos xogando cos nenos e nenas de catro e cinco anos a xogos de mesa  que xogaban nos castelos medievais.
A continuación presentamos  o xogo do "ALQUERQUE " que xa se xogaba no antigo Exipto e que trouxeron os árabes a Europa.



Regras de xogo:

1º Repártense 12 fichas dunha cor a un xogador e outras 12 doutra cor a outro xogador.

2ºColócanse as fichas no taboleiro na posición inicial ( ver foto anterior)

3º Os xogadores alternativamente van movendo unha ficha a unha casilla valeira, seguindo as liñas en calqueira dirección.

4ºCómese ou captúrase saltado sobre a ficha contraria a un lugar valeiro situado ao outro lado, podendo comer varias fichas seguidas dando saltos nun só movemento.

5º Gaña o xogador que mais fichas capture do xogador contrario.







lunes, 13 de mayo de 2019

O MUIÑO

Os nenos e nenas de catro e cinco anos xogaron a outro dos xogos de mesa que se xogaba na idade media "O MUIÑO".











Regras de xogo:

1º A cada xogador se lle reparten 9 fichas.

2º Dun en un van colocando as fichas no taboleiro. Se algún deles consegue facer tres en liña, quítalle unha ficha ao outro xogador.

3ºCando todas as fichas esten colocadas no taboleiro, pódese mover facendo un só movemento ( de un punto a outro seguindo a liña) intentando facer tres en raia para quitar unha ficha do xogador contrario.

4º Gaña o xogador que máis fichas teña do xogador contrario.







domingo, 12 de mayo de 2019

TRES EN RAIA

Os nenos e nenas de tres, catro e cinco anos xogaron ao xogo de mesa "tres en raia" que se xogaba nos castelos medievais.




Aprenderon as regras do xogo:

1º Repártense neste caso tres fichas azuis a un xogador e tres fichas laranxas ao outro xogador.
2º O 1º xogador coloca a súa ficha azul nun dos puntos do taboleiro.
3º O 2º xogador coloca a súa ficha laranxa noutro punto do taboleiro.
4º O 1º xogador coloca outra ficha azul no taboleiro procurando facer tres en línea en sentido horizontal, vertical ou diagonal ou empedindo que o outro xogador faga tres en raia.
Por último gaña o primeiro xogador que consiga colocar as súas fichas en línea.








jueves, 9 de mayo de 2019

AS MEIGAS

En cada unha das aulas de educación infantil conversamos sobre as meigas e escoitamos a canción "la ronda de las brujas". Posteriormente fixeron a seguinte actividade plástica.

4 anos:









3 anos:









5 anos: