miércoles, 16 de octubre de 2019

DIA MUNDIAL DA ALIMENTACION

Hoxe celébrase o día mundial da alimentación proclamado pola ONU no ano 1979.
A Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a alimentación ( FAO ) ten coma obxetivo disminuir a fame no mundo, propósito que tamén busca A Axenda 2030 coa súa meta fame cero.

Este ano contempla:
- Apostar por un mundo onde todos teñamos acceso á comida.
- Engadir que esa comida sexa realmente saudable e cubra o que necesita o organísmo segundo a idade da persoa.

O eslogan deste ano é:

UNHA ALIMENTACIÓN SÁ PARA UN MUNDO.

Acercámonos cos nenos e nenas de tres anos a conmemoración deste día visualizando os seguintes videos:


- Video promocional da Fao 2019.

- Video: Rosita aprende sobre o día mundial da alimentación.

Posteriormente dialogamos sobre a alimentación e ante as seguintes preguntas que lles formulei deron respostas moi curiosas que me serviron coma avaliación inicial para saber por onde comezar coa motivación previa ao desenvolvemento do proxecto deste ano para que vaían adquirindo tanto os coñecementos coma as habilidades para poder desenvolvelo.

Exemplos de preguntas e respostas:

Que é a alimentación? Non sei.
Que comemos?  Patacas, carne, ovos, chuches, chocolate, frutas......
De onde veñen as patacas? Da caixa de patacas
De onde ven o leite? Do cartón.
E o Peixe? Da cociña.
Pero o que tiñan claro era que o ovo viña da galiña ainda que algúns dixeron que os pitiños tamén poñían ovos.
Hai nenos e nenas que pasan fame? Non sei.
Finalizamos o diálogo falando da comida chatarra que só se podía comer de cando en vez.





lunes, 14 de octubre de 2019

DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe, 14 de 0utubro de 2019 celébrase " O DIA DAS ESCRITORAS".Esta celebración iniciouse en España no ano 2016 promovido pola Biblioteca Nacional de España xunto coa Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias e a Asociación Clásicas e Modernas par reinvindicar a labor e o legado das escritoras ao longo da historia e combatir as discriminacións sufridas ao longo do tempo.
Este ano a Biblioteca Nacional celebra este día baixo o lema: " MULLERES, AMOR E LIBERDADE". Tamén realizará ao longo do día as seguintes actividades:
- Lecturas de textos de 20 mulleres escritoras por distintas personalidades e xente da rúa que voluntariamente se acerque ata a biblioteca.
- Actividades para engadir ou introducir contidos sobre mulleres escritoras na wikipedia por parte de voluntarios que se acerquen a biblioteca cos seus portátiles aos que se lles axudará con fontes de información.
A esta celebración tamén se suman librerías de toda España a través do CEGAL, da Confederación do gremio de libreiros colocando libros de escritoras en mesas e escaparates para promocionar a súa venta.

Os nenos e nenas de 3 anos sumámonos a celebración deste día a través dunha sesión de Filosofía.

1º Púxenlles na pizarra dixital o logotipo no que aparece debaixo " Día das escritoras" e pregunteilles: Que son as escritoras? e contestaron: Teñen café, un debuxo.

2º Coma estaba tomando notas do que dicían, pregunteilles: Que estou facendo? e contestaron: Debuxando.

3º Ensineilles o folio que estaba escribindo e pregunteilles: Creedes que esto é un debuxo? e todos/as contestaron: Si.

4º Debuxei nun folio unha cara e preguntei: Que é? e contestaron: Un debuxo.

Deseguida cheguei a conclusión que dentro da lectoescritura constructivista estaban na étapa indiferenciada onde aínda non diferencian as grafías dos debuxos o que me levou a cambiar de estratexia.

Agora imos ver imaxes de escritoras.

1º Puxen a primeira imaxe  na que se vía unha chica escribindo nun papel enriba dun escritorio e preguntei Que vedes? e eles contestaron: un escritorio, un lapis, unha chica,unha señora que está pintando, un papel.

2º Puxen outra imaxe de dúas chicas escribindo nun ordenador e preguntei: Que fan? e contestaron:
Están encendendo a tele, internet.

3ºMandei acercarse a un/unha neno/nena e pregunteille Que ves no teclado? e contestou: Números e letras.

4º Entre todos e coa miña axuda chegamos a conclusión de que estaban escribindo.

5º Posteriormente preguntei: Con que se pode escribir? e contestaron: con pinceis, con pinturas, con ordenador, con lapis. Depois preguntei: Que teño eu na man?  e contestaron: Un boli. Preguntei: E que fago? e contestaron: Escribir.

6º Vimos imaxes de mulleres escribindo con plumas de paxaros e con máquinas de escribir e preguntei: Que podían escribir? e un/unha contestou: Contos.

Por último collín o libro de contos que lles estivera lendo a mestra de Apoio " COCORICO" e díxenlles que o escribira unha escritora chamada "Marisa Núñez" ( a partir dun conto tradicional birmano)

Pola tarde entre todos/as concluimos que as escritoras son: Chicas ou señoras que traballan e escriben contos con lapis, pinturas, ordenador e que antes usaban plumas e máquinas de escribir ( aínda que eles dixeron máquinas escritoras, máquinas escribidoras ).