viernes, 22 de febrero de 2019

LECTOESCRITURA CONSTRUCTIVISTA CO POEMA ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Os nenos e nenas de 3 anos fixeron a primeira estrofa do poema de Rosalía de Castro seguindo os seguintes pasos:
1º.- A cada parella deuselle unha tarxeta co nome de cada palabra do poema que logo construiron coas letras móbiles sobre unha tarxeta blanca en forma de nube.
2º.- Posteriormente repartironselle as palabras que fixeron entre os nenos e nenas.
3º.- Por último, lemos do taboleiro unha a unha cada palabra e quen a tiña a colocaba.

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES
ADIÓS REGATOS PEQUENOS
ADIÓS VISTA DOS MEUS OLLOS
NON SEI CANDO NOS VEREMOS
Os nenos e nenas de 4 anos traballaron coa segunda estrofa do poema.
Primeiro analizaron a estrofa en gran grupo mirando como falaban as letras, despois repartiron os versos por equipos e as palabras as montaron sen o modelo diante por parellas.
Finalmente, en gran grupo construiron entre todos e todas a estrofa do poema.

MIÑA TERRA, MIÑA TERRA
TERRA DONDE ME EU CRIEI
HORTIÑA QUE QUERO TANTO
FIGUEIRIÑAS QUE PRANTEI
Os nenos e nenas de 5 anos traballaron coa terceira estrofa do poema directamente coas letras móbiles sen ningun tipo de soporte.


PRADOS, RÍOS, ARBOREDAS
PINARES QUE MOVE O VENTO
PAXARIÑOS PIADORES
CASIÑA DO MEU CONTENTO 
Finalmente montamos todo na entrada do colexio.


jueves, 21 de febrero de 2019

O LIBRO DO CASTELO MEDIEVAL

Os nenos e nenas de 5 anos elaboraron o libro do castelo semana a semana.

1º Recortaron, perfilaron e pegaron as pedras do castelo.
2º Recortaron e puxeron as almenas.
3º Fixeron as taboas da porta e pegáronas.
4º Recortaron e pegaron o foso e as ventás.
5º Fixeron o escudo do castelo e pegárono.



                                                                



















6º Colorearon e pegaron os elementos de cada unha das estancias da torre do homenaxe: mazmorra, gran salón, dormitorio, sala de armas.





7º Colorearon  e pegaron os elementos da torre de garda.








 8º Colorearon e pegaron o que hai no patio de armas: animais, hoto, artesáns, torneo, pozo, alxibe. 






 9º Pegaron as frases e os debuxos de como se comunicaban na idade media tanto para avisar de que se acercaba o enimigo ós campesiños que vivían ó redor do castelo coma tamen coma se comunicaban cos señores feudais  doutros castelos.



 10º  Recortaron as letras de patio de armas, torre do homenaxe e torre de garda e pegaron as palabras no sitio correspondente.     
Por último leron as etiquetas de cada elemento e colocáronas con velcro  no lugar correspondente.






                       

martes, 19 de febrero de 2019

ROSALÍA DE CASTRO COA TÉCNICA ANDY WARHOL

As nenas e nenos de Infantil empezamos onte a facer unha montaxe  cooperativa empregando a técnica de Andy Warhol coa imaxe de Rosalía de Castro. 
















Logo fixeron o mesmo individualmente







LIM ROSALÍA DE CASTRO

PICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO XOGO

LIM feito polo CEIP Alexandre Boveda de Pontevedra

Noraboa polo traballo e grazas por compartilo.